martes, 26 de enero de 2016

ENCE 2073: Día da Educación Ambiental.

Hoxe atopeime con esta viñeta que tiña gardada no meu ordenador, e lendo á prensa, non puiden senón relacionala coa licenza de ENCE ata o 2073 na ría de Pontevedra logo de tantas irregularidades e leis á medida para a súa ampliación durante estes últimos anos, lembrando tamén os casos de corrupción que esta semana saíron á luz sobre as tramas da auga, ou sobre ordenadores destruidos...ah! esquecíame, hoxe tamén sae á luz a resolución da catástrofe do Prestige, na que se bota en falta, responsabilidades políticas da traxedia...e todo isto, no día de hoxe, 26 de xaneiro, nada menos que efeméride da Educación Ambiental, esa materia que cada vez está menos presente no currículum...non será porque non fai falta...


No hay comentarios:

Publicar un comentario