sábado, 25 de abril de 2020

25 de Abril, un día para recordar.

Ademais de celebrarse a Revolución dos Cravos do 1974 en Portugal, e en Italia a súa liberación do fascismo en 1945...no campo da Bioloxía celebramos o Día do ADN. Foi un 25 de Abril de 1953, cando Watson e Crick presentaron a doble hélice do ADN tal e como coñecemos esta molécula orgánica actualmente. Pero neste achado, encubriron a unha investigadora crucial, a Rosalind Franklin, porque se non fora polas súas fotografías mediante técnicas en rayos X non poderían formular ese modelo...modelo ao que lle debemos tantas cousas, entre elas as PCR, probas coas que se detectan a Covid19. 

Déixovos aquí este vídeo onde se amplía, isto que vos estou a contar. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario