viernes, 17 de abril de 2020

Cholitas

Quería deixar constancia deste documental que descubrín hai pouco: Cholitas. Trátase da vida de 5 mulleres que deciden escalar, portando as súas polleras, ata o cumio do Aconcagua, a montaña máis alta de América (6.960 m). Elas son bolivianas, en concreto, aimaras, un pobo indíxena que vive asociado ao Lago Titicaca, en concreto na cidade de El Alto, a segunda cidade máis poblada de Bolivia despois de A Paz, a súa capital, e que se atopa a unha altitude de 4090 m. Autodenomínanse cholitas, un diminutivo de chola, nome que designa á muller mestiza da zona do antiplano boliviano.

Despois de ver este documental, afloraron en min sentimentos de non deixar de loitar polo que me fai estar contenta e ser feliz, e non perder o sentimento de forza, valor e liberdade, que inspira a montaña na súa práctica. Recoméndoo encarecidamente. Este é o trailer.


Foto de FB Arena Comunicación Audiovisual

No hay comentarios:

Publicar un comentario