viernes, 2 de julio de 2010

Sobre publicidade

Buceando na publicidade podes atopar infinidade de cousas interesantes.

Empezarei pola chamada de atención que fixo Greenpeace ao tan coñecido produto de Nestlé, que fai parénteses se o tomas: falo de (...)

Para continuar co rastrexo de contrapublicidade aquí deixo tamén un video do Observatorio de Multinacionais en América Latina (OMAL) e Paz con dignidade, na que denuncia o acoso das grandes empresas aos pobos do Sur, no chamado Segundo Desembarco, no que a falsa publicidade sobrea a modernización, xeración de emprego, disminución da pobreza que pregonaban quedaron en mitos, xa que o pago de tales preciados bens foi en forma de impactos de todo tipo: danos medioambientais, desprazamentos da poboación, deficiencias dos servizos públicos privatizados, deterioro dos dereitos laborais, e de forma xeral, saqueo económico e dos recursos naturais.

A publicidade tamén é un escaparate de humor e inxenio. Máis que recomendable é a tirada coa que unha marca de patatillas moscovitas quixo deixar pegada, son simplemente xeniais! (pincha aquí)Ou que me dicen daquela publicidade arxentina sobre telefonía móvil...la llama que llama

Ooooh publicidade, digna eres de gracia! :)

No hay comentarios:

Publicar un comentario